O Concello de Camariñas en colaboración ca Asociación C.X.D. "Abrindo Rejo" de Xaviña organiza un ano máis a festa da praia o sábado 25 de xullo na área recreativa do Ariño.
O párroco Don Mario Villaverde fará a misa en honra a Santiago Apóstol á 1 da tarde. Na misa actuará o coro "Anduriñas de Xaviña" e o grupo de gaitas "Abrindo Rejo".
A sardiñada dará comezo ás dúas da tarde. Serán traballadores municipais os que se ocupen de asar as deliciosas sardiñas.
Ás catro da tarde comezarán as actividades.
16:00 Obra de teatro do grupo Os Quinquilláns subvencionada pola Deputación da Coruña dentro do programa Rede Cultural 2015. A obra chámase "por que é salgada a auga do mar?" e farase na praia.
17:00 No palco municipal, actuación da Escola de Baile do Concello de Camariñas.
17:30 Presentación dos alumnos de gaita e percusión da Asociación CX.D. "Abrindo Rejo".
18:00 Grupo de gaitas "Lúa Chea de San Xoán" (Borneiro).
18:30 Grupo de gaitas "Trubisquiña" (Vimianzo).
19:00 Grupo Folk "Peta Forte" (Pereiriña).19:30 Grupo de gaitas "Abrindo Rejo" (Xaviña).
Agardamos que vos guste.