O Concello

Departamentos

* CAMPAMENTOS PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2011 11/03/2011

CAMPAMENTOS PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2011

“Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2011 e se procede á súa convocatoria.” (DOG 7-3-2011)

Podes atopar máis información na OMIX Camariñas. Teléfono 981737234.
Correo electrónico: anamartinez.biblioteca@camarinas.net

Participantes: Mozos e mozas dos 9 e 17 anos. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas os mozos e mozas nacidos no ano sinalado para cada actividade.  

Solicitudes:
deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde, que poderá solicitar nos servizos que especifica o artigo 1º.2, ou ben descargar e cubrir directamente desde a páxina web www.xuventude.net, para logo presentar a través de rexistro. (Non serán admitidas aquelas solicitudes presentadas unicamente vía fax). Cada mozo ou moza só poderá cubrir unha solicitude elixindo, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades (cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I desta orde).  

Prazo de presentación de solicitudes:
rematará o día 22 de marzo de 2011.   A partir do 4 de abril, o interesado deberá comprobar a recepción da súa solicitude na páxina web www.xuventude.net, así como os posibles erros de mecanización que se cometese co obxecto de proceder á súa corrección. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos das solicitudes. Para ter acceso a eles, deberase incluír o número do DNI do pai/nai ou titor/a que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI. Se os interesados atopan algún erro nos datos da solicitude ou non a atopan, deben chamar a calquera dos números de teléfono da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que aparecen no anexo IV, antes do día 18 de abril. Unha vez transcorrido ese día, contra os erros ou omisións de solicitudes non procederá ningunha reclamación.


© by Abertal