O Concello

Departamentos

* PROCESO SELECTIVO INGRESO SERGAS 14/07/2015

PROCESO SELECTIVO INGRESO SERGAS

No DOG número 121 do 30 de xuño de 2015 publícase unha resolución pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.  

Categorías:  

- Enfermeiro / a especialista en obstetricia e xinecoloxía
- Fisioterapeuta
- Logopeda
- Terapeuta ocupacional
- Técnico / a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico / a superior en hixiene bucodental
- Técnico / a superior en imaxe para o diagnóstico
- Técnico / a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico / a superior en radioterapia
- Técnico / a en coidados auxiliares de enfermería
- Técnico / a en farmacia  

As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo por algún dos seguintes sistemas de acceso: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.  

Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Logo de finalizado o prazo de inscrición non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso.  

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán encher unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da  Oficina Virtual do Profesional (FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos/OPE) e que logo de formalizada electronicamente deberán imprimir, asinar e presentar nunha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición, no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.  

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.    

Prazo de solicitude: ata o 20 de agosto de 2015 (incluído)  

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150630/AnuncioG0003-220615-0001_gl.pdf  

ENLACE Ó EXPEDIENT-E:
https://fides.sergas.es/FIDES/html/public/irAcceso.action  

MÁIS INFORMACIÓN:
https://extranet.sergas.es/OPEWB/OPE/ListadoCategorias.aspx?Edicion=2015&IdPaxina=60992&idioma=ga   OU

CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00 


© by Abertal