No DOG número 118 do 25 de xuño de 2015 publícase unha resolución pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
Categorías:
- Calefactor / a
- Electricista
- Fontaneiro / a
- Mecánico /a
A formalización das solicitudes de inscrición efectuarana as persoas interesadas a través do currículo profesional habilitado electronicamente (FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos), ao cal se accederá a través da páxina web (www.sergas.es)
O modelo normalizado de formulario de inscrición estará dispoñible no devandito sistema. Unha vez formalizado electronicamente pola/o interesada/o deberá imprimirse e asinarse para a súa presentación en formato papel a través do preceptivo rexistro administrativo.
Cada solicitude de inscrición irá referida a un único ámbito territorial.
A solicitude de inscrición nunha categoría será incompatible coa solicitude de inscrición en calquera outra categoría.
Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 26 de xuño ata o 27 de xullo de 2015.
Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición no expediente electrónico con posterioridade ó 27 de xullo de 2015, a/o aspirante figurará na seguinte xeración de listas que se efectúe as respectivas categorías.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150625/AnuncioG0003-180615-0001_gl.pdf
PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00