O Concello

Departamentos

* APERTURA PRAZO LISTAS XUNTA DE GALICIA ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS AMBIENTAIS 03/07/2015

APERTURA PRAZO LISTAS XUNTA DE GALICIA ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS AMBIENTAIS

A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 2 de xullo unha resolución pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais (código 207H).  

Ámbito territorial: provincial

Requisitos:

-  Idade: Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

-  Nacionalidade:  
·       Ter a nacionalidade española
·       Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea
·       Ser nacional dalgún Estado no cal, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as
·       Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.  

-  Titulación académica: estar en posesión ou en condicións de obter o título de técnico superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos ou titulación de técnico/a especialista equivalente.

Permiso de conducir: estar en posesión ou en condicións de obter o permiso de conducir das modalidades A2 e B con autorización BTP.  

Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.


Habilitación: non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.


-      Coñecemento da lingua galega: estar en posesión do Celga 4 ou equivalente.


Fin do prazo: 31 de xullo de 2015

RESOLUCIÓN DO DOG:  
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150702/AnuncioCA01-260615-0002_gl.pdf  

ENLACE DA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA PARA XERA-LA SOLICITUDE:
http://funcionpublica.xunta.es/?q=tipo_solic_listas 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal