O Concello

Departamentos

* LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 02/07/2015

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23  de xuño unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.  

Categorías:     

·          Técnico/a superior en prevención de riscos laborais
·           Técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais
·           Traballador / a social  

As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación ós primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde  www.sergas.es 

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.  

As persoas interesadas poderán presentar reclamación contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación.

 
As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.    

RESOLUCIÓN DO DOG: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150623/AnuncioG0003-180615-0002_gl.pdf  

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800   

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal