O Concello

Departamentos

* Axudas para a adquisición de libros de texto 04/06/2015

Axudas para a adquisición de libros de texto

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca:

·Axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

O prazo de presentación desta convocatoria é o seguinte:

·       a) Para educación primaria e educación especial: Ata 2 de Xullo.
·       b) Para o alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.
·       c) Para o alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.
·       d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos anteriores terá como data límite o 31 de marzo de 2016.

Lugar de presentación:  

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Contía das axudas :

Segundo a renda per cápita familiar no ano 2013.Para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán, os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración.E dividirase polo numero de membros da unidade familiar.

·       Educación primaria:

    –  Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 170 euros.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros.
    – Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros.
·       ESO
    – Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 180 euros.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.

    – Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 180 euros.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.

    Mais información:
    http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0001_gl.html


© by Abertal