A Xunta de Galicia publicou na súa web a programación dos cursos AFD (Accións Formativas prioritarias para persoas desempregadas) correspondente ó ano 2015.
Para poder acceder a estes cursos é requisito imprescindible que a persoa estea inscrita no SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia).
Cursos máis próximos a Camariñas:
Carballo:
- Representación de proxectos de obra civil
- Creación e xestión de microempresas
- Dinamización comunitaria
- Servizos de restaurante
- Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG
- Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios
Cee:
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
Negreira:
- Servizos auxiliares de estética
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría
Santa Comba:
- Condución de vehículos pesados de transporte de mercadorías por estrada
- Creación e xestión de microempresas
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Vimianzo
- Promoción turística local e información ao visitante
- Creación e xestión de microempresas
Para algúns dos cursos é preciso ter titulación oficial ou competencias clave aprobadas.
Recoméndase consultar os requisitos de acceso para cada acción formativa concreta.
INFORMACIÓN AFD:
http://traballo.xunta.es/afd
PROGRAMACIÓN APROBADA PROVINCIA DA CORUÑA:
Enlace
PARA CONSULTAR REQUISITOS DE ACCESO:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00
OU COA OFICINA DE DEMPREGO DE CEE
981745863 LUNS A VENRES 9:00 – 14:00