O Concello de Camariñas participou no proxecto europeo “Back to the Future” (Regreso ao futuro) financiado co apoio da Unión Europea ao través do programa "Europa dos Cidadáns"
Participación: No encontro que se desenvolveu en Scandiano (Italia) participaron 102 persoas. De España asistiron 12 de alumnos do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto - Camariñas e 11 de Almansa (Albacete), 12 de Daugavpils (Letonia), 8 de Övertorneå (Suecia), 7 de Tubize (Bélxica) y 52 da cidade de Blansko (República Checa).
Localización / Datas: O evento tivo lugar en Scandiano (Reggio Emilia, Italia), do 18/03/2015 ao 23/03/2015.
Descrición: Con motivo da celebración do 50º aniversario do acordo de irmandamento entre as cidades de Scandiano e Blansko (asinado en 1964-1965) e os 25 anos do irmandamento entre Scandiano e Almansa (asinado en 1989 ) construíse unha oportunidade para reflexionar sobre o significado dos irmandamentos e especialmente sobre a súa evolución desde o período da posguerra ata hoxe.
O obxectivo deste proxecto é o de a difusión de actitudes que contrarresten as posturas individualistas e escépticas dos cidadáns en relación á Unión Europea facéndolles comprender que a historia "oficial" destes últimos 50 anos de Europa esta moito máis preto da súa vida cotián do que podería esperarse. Non se rememorou este medio século de historia europea citando libros de historia oficial, sino incentivando aos cidadáns de todas as cidades socias a recordar os acontecementos propios e locais que están ligados aos principais sucesos europeos e ás súas propias "experiencias europeas" . Noutras palabras, temos recuperado e recollido as memorias colectivas desde 1964 ata a data cunha mirada ao pasado. Por exemplo, ao través das experiencias de intercambio nos irmandamento levados a cabo ata de agora. Tamén cunha perspectiva orientada cara ao futuro como a participación en proxectos da UE dentro do programa Europa dos Cidadáns e en proxecto de aprendizaxe como Comenius, Erasmus, Leonardo ou Grundtvig.
Queríamos que todos puideran entender que a historia de Europa está profundamente entrelazadas coa súa propia historia persoal e, polo tanto, viva e enraizada na realidade de todos e, como cidadáns europeos activos, todos teñen xogado, xogan e van xogar o seu papel na formación da UE.
O día 18/03/2015 as delegación chegaron a Scandiano e despois da benvida aloxáronse en vivendas de familias do municipio.
O día 19/03/2015 foi dedicado ao afondamento do coñecemento dos participantes sobre a cultura e os patrimonio da cidade anfitriona. A continuación, a exposición "Back to the future: o rastro da nosa historia europea" foi inaugurada por invitados europeos e participantes locais. A descrición histórica, as memorias persoais, as imaxes e os obxectos foron motivo de reflexión, debate e de posta en común de ideas e opinións. Mentres tanto, no "Circolo Al Ponte" (en Jano, unha das aldeas de Scandiano) novos artistas de Italia e de Suecia iniciaron un traballo de catro días para crear unha obra da arte que, mediante a escritura das rúas, expresara a fusión e a harmonía entre as respectivas culturas de orixe.
O día 20/03/2015 foi dedicado ao afondamento do coñecemento do municipio anfitrión e a as relación sociais entre os participantes chegados de diversos países. As delegacións visitaron Reggio Emilia e Parma e tiveron un xantar no instituto "A. Motti", unha escola profesional especializada en hostalería e restauración que ten unha importante experiencia nos proxectos da Unión Europea.
O día 21/03/2015 foi articulado en dúas partes: pola mañá algúns obradoiros (Europa, cociña, decoración tradicional, arte) foron desenvoltos na escola secundaria MM Boiardo. Pola tarde, en Fortaleza do Boiardo houbo unha conferencia denominada "50 anos xuntos: a partir de muro de Berlín á Europa Intelixente" con algúns oradores destacados, como o conselleiro rexional de Políticas Europeas Patrizio Bianchi, o membro do Parlamento italiano Maino Marchi e o membro do Parlamento checo Ing. Lubomir Toufar. Á noite, no Centro de Xuventude, algúns artistas dos países socios representaron teatro e danza folclórica, como foi o caso do alumnado de Camariñas, para as familias de acollida e o público en xeral.
O día 22/03/2015 conmemorouse o 50º aniversario da irmandamento entre Scandiano e Blansko e o 25º aniversario do irmandamento entre Scandiano e Almansa. Todas as delegacións participaron na cerimonia, pois este evento especial merecía a pena ser compartido con todos os países participantes por ser un bo exemplo dunhas relacións de amizade duradeiras que se renovaron ao longo do tempo.
O día 23/03/2015 visitáronse algunhas garderías infantís e escolas primarias en Scandiano (varios participantes eran membros de directivas escolares) e, a continuación, se despediron ás delegacións internacionais.