O Concello

Departamentos

* LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 13/05/2015

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de maio unha resolución pola que se publican as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as de diversas categorías estatutarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.   

Categorías:   

-  Pasador / a de ferro
-      Lavandeiro / a  

As listas coa relación provisional de admitidas / os e excluídas / os en cada unha das categorías atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde  www.sergas.es 

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado pola/o solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
As persoas excluídas disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada ou ás direccións con competencias na xestión do persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade. 

As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
  

As persoas solicitantes que, dentro do prazo indicado nesta resolución, non emenden o/s defecto/s motivo da exclusión, serán definitivamente excluídas da participación neste proceso de selección.  

As persoas que formalizasen a súa solicitude de inscrición nas listas correspondentes a estas categorías con posterioridade ó 30 de agosto de 2014, incluiranse na relación de admitidos/as e excluídos/as do seguinte proceso de xeración de listas que se efectúe.


RESOLUCIÓN DO DOG: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150513/AnuncioG0003-070515-0001_gl.pdf


ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800  

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal