O Concello

Departamentos

* Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios 2015”da Xunta 28/04/2015

Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios 2015”da Xunta

BALNEARIOS  NA MODALIDADE  DE “todo incluído”  E PREZOS POR PRAZA

Balneario de Acuña - Caldas de Reis – (Pontevedra).- 377,50 €/praza
Caldaria Termal, S.L.U. Arnoia – Arnoia -  (Ourense).- 377,50 €/praza
Balneario de Augas Santas, S.L.U. – Ferreira de Pantón – (Lugo).- 398,61 €/praza
Balneario de Baños da Brea, S.L. – Vila de Cruces – (Pontevedra).- 377,50 €/praza
Balneario de Baños de Molgas, S.L. – Baños de Molgas – (Ourense).- 316,64 €/praza
Balneario de Caldelas, S.L. – Tui – (Pontevedra).- 316,64 €/praza
Gran Balneario do Carballiño – O Carballiño – (Ourense).- 316,64 €/praza
Baños Viejos de Carballo, S.A – Carballo – (A Coruña).- 377,50 €/praza
Termas de Cuntis, S.L.– Cuntis – (Pontevedra).- 398,61 €/praza
Caldaria Termal, S.L.U. Laias – Cenlle – (Ourense).- 398,61 €/praza
Caldaria Termal, S.L.U. Lobios  – Lobios – (Ourense).- 377,50 €/praza
Balneario do Río Pambre, S.L. – Palas de Rei – (Lugo).- 377,50 €/praza
Balneario Termas de Lugo, S.L. – Lugo.-  398,61  €/praza

QUENDAS As quendas varían segundo o balneario solicitado e van dende o mes de xuño ata o mes de decembro do 2015 .  

Requisitos:

  1. Ser maior de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista da Seguridade Social.
  2. Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia
  3. Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais
  4. Precisar o tratamento termal solicitado e carecer de contraindicación médica para a súa recepción
  5. Reunir os requisitos establecidos,  na data en que remate o prazo de presentación da solicitude.
  6. Os/as cónxuxes non terán que cumprir o requisito da idade.
  7. Poderán participar os/as fillos/as que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando non necesiten apoio de 3ª persoa, se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitores e, cumpran os requisitos citados excepto o da idade.
  Documentación:
-          A copia do libro de familia, no caso de que a persoa solicitante vaia acompañado do/a fillo/a con discapacidade. -          No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, achegarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.
-          DNIs do solicitante, cónxuxe ou acompañante e, do/a fillo/a con discapacidade, se é o caso.
-          Contías das pensións ou ingresos mensuais líquidos percibidos, para cubrir a solicitude.  

Prazo e lugar de solicitudes: as solicitudes achegaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, así como, opcionalmente en soporte papel.

O prazo remata o 14 de maio de 2015, poderán informarse nas dependencias de Servizos Sociais e igualdade do Concello.

Descargas relacionadas


© by Abertal