O Concello

Departamentos

* Axudas para o alumnado universitarios no curso 2014/2015 01/04/2015

Axudas para o alumnado universitarios no curso 2014/2015

Axudas para o alumnado universitarios no curso 2014/2015,que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar estudos.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou ,no DOG de 01/04/2015 ,as bases e a convocatoria de axudas destinadas ao alumnado que curse estudios universitarios no curso 2014/2015 , nas Universidades de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar estudos.

Requisitos:

a) Necesidade urxente de recursos económicos debida a unha situación de emerxencia imprevista (Orfandade; desemprego;falecemento ,enfermidade grave, incapacidade permanente absoluta, vítimas de violencia de xénero ou acto terrorista.......).
b)Que a situación sobrevida acontecese entre o 01/09/2014 e o 31/08/2015.
C) Estar matriculado/a no curso 2014/2015 ,como mínimo de 50 créditos, en estudos universitarios presenciais,en calquera universidade galega.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior a 5.136,60 € /ano ou 428,05E /mes.
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Prazos :

·       se a causa sobrevida aconteceu con anterioridade á publicación desta orde ,o prazo de presentación será dun mes dende a publicación da orde.
·       se a causa sobrevida aconteceu con posterioridade á publicación desta orde ,o prazo de presentación será dun mes dende que aconteceu a causa sobrevida , a data límite de presentación será o 30/09/2015.

Para máis información :
No enlace
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150401/AnuncioG0164-240315-0001_gl.html

Ou chamando a Casa de Pedra 981737004
preguntar por Ali Trillo educadora familiar.


© by Abertal