O Concello

Departamentos

* Escola infantil de Camariñas 25/02/2015

Escola infantil de Camariñas

Estimadas familias:

O prazo de presentación de solicitudes, tanto para as de renovación de praza como para as de novo ingreso, da Escola infantil de Camariñas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, o luns 23 de febreiro . E dicir ,o calendario queda como segue:

1.- Do 24 de febreiro ao 23 de marzo, ambos os dous incluídos: prazo de presentación de solicitudes de renovación e novo ingreso.
2.- 5  de maio: publicación de listas provisionais
3.- Do 6 ao 15 de maio: prazo de reclamacións
4.- 25 de maio: publicación das listas definitivas
5.-Do 1  ao 10 de xuño: prazo de matrícula

 A este respecto cómpre lembrar que:

• A/o nena/o estea nada no momento da presentación da solicitude.
• Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso.

As persoas interesadas en solicitar praza para o/a seu/súa fillo/a na Escola Infantil de Camariñas poden presentar a solicitude, no formulario normalizado ,anexo I, e a documentación  requirida no seguinte enderezo:

Escola Infantil de Camariñas
Avda/ Eugenio López, 36
15123   Camariñas – A Coruña

As persoas que o desexen poderán cubrir a solicitude en liña que como formulario electrónico se atopará na páxina web:  http://benestar.xunta.es ou http://www.escolasinfantisdegalicia.es

Posteriormente, e antes de que finalicen os prazos sinalados, presentarán esa mesma solicitude impresa debidamente, asinada e acompañada da correspondente documentación no citado enderezo ou en calquera dos lugares de rexistro establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

As listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios da Escola Infantil de Camariñas, na páxina web e http://benestar.xunta.es ou http://www.escolasinfantisdegalicia.es

Tal e como consta no RRI das Escolas Infantís, de non formalizar a matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ou aparecendo na listaxe de admitidos/as.

Para máis información non dubiden en achegarse ata o nomeado centro educativo.

Atentamente,
                                                                                     
Sergio Caamaño Fernández
Concelleiro de servizos sociais e  igualdade
Concello de Camariñas


© by Abertal