CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2015.
Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 25, do venres 6 de febreiro de 2015, consistente na omisión da publicación dos anexos I e II, procédese á súa publicación.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150209/AnuncioG0164-060215-0001_gl.pdf
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 6 de febreiro o procedemento para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2015 nas seguintes especialidades:
- Operador / a industrial de caldeiras
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
- Instalador / a de gas, categoría A
- Instalador / a de gas, categoría B
- Instalador / a de gas, categoría C
- Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
- Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
- Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
- Carné profesional de operador / a de guindastre torre
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
- Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
REQUISITOS:
- Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente. - Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
TAXAS DE EXAME: 38,37 €.
PRAZO:
- Convocatoria ordinaria: Do 9 ó 20 de febreiro de 2015
- Convocatoria extraordinaria: Do 1 ó 13 de xullo de 2015
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150206/AnuncioG0164-300115-0001_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746 LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00