O Concello

Departamentos

* PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS 09/01/2015

PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL OU DE VÍAS NON FORMAIS DE FORMACIÓN

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do pasado 2 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais:  

FAMILIA PROFESIONAL:

Administración e xestión:

  • Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela
  • Actividades de xestión administrativa
Agraria:
  • Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
  • Aproveitamentos forestais
  • Actividades de floraría
  • Produción de sementes e plantas en viveiro
Artes gráficas:
  • Impresión dixital
  • Imposición e obtención da forma impresora
  • Tratamento e maquetaxe de elementos gráficos en preimpresión
Edificación e obra civil:
  • Cubricións inclinadas
  • Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
  • Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos
  • Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos
  • Pintura decorativa en construción
  • Eficiencia enerxética de edificios
  • Representación de proxectos de edificación
  • Control de proxectos e obras de construción
  • Levantamentos e implantacións
Electricidade e electrónica:
  • Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
  • Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
  • Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
  • Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
Fabricación mecánica:
  • Mecanizado por arranque de labra
  • Soldadura
  • Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
Hostalería e turismo:
  • Cociña
  • Repostaría
  • Pastelaría e confeitaría
  • Servizos de bar e cafetaría
  • Servizos de restaurante
  • Recepción
  • Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos
Imaxe persoal:
  • Peiteado
  • Coidados estéticos de mans e pés
Industrias alimentarias:
  • Repostaría
  • Panadería e bolaría
  • Pastelaría e confeitaría
Informática e comunicacións:
  • Sistemas microinformáticos
  • Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos
Instalación e mantemento:
  • Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
  • Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación – extracción
  • Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas
Madeira, moble e cortiza:
  • Mecanización de madeira e derivados
  • Acabamento de carpintaría e moble
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
  • Mecanización de madeira e derivados
  • Instalación de elementos de carpintaría
Química:
  • Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
  • Ensaios físicos e fisicoquímicos
  • Análise química
Sanidade:
  • Transporte sanitario
  • Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
  • Farmacia
Servizos socioculturais e á comunidade:
  • Educación infantil
Transporte e mantemento de vehículos:
  • Pintura de vehículos
  • Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
  • Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
  • Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
  • Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares
  • Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
 Requisitos: 
  • Nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.
  • Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
  • Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. 
  • Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I, xustificar polo menos 2 anos cun mínimo de 1200 horas traballadas en total.
  • Formación non formal: xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III,nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neles. 
  • Non estar matriculado / a e / ou cursando formación conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicite a súa inscrición.

Prazo:
Dende o 8 de xaneiro ó 6 de febreiro de 2015, ambos os dous incluídos.


Importante: é obrigatorio emprega-la aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría do centro onde se vaia desenvolver o proceso.

CONTACTo COA ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO

CASA DE PEDRA:   981 737 004 / 653 260 746  mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Ligazóns relacionadas

Descargas relacionadas


© by Abertal