Programa de Termalismo Saudable do Imserso 2015 16/12/2014
Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Termalismo Saudable do Imserso para o ano 2015 Requisitos:
- Ser Pensionistas da Seguridade Social de xubilación ou de invalidez e, de viudedade ou doutras pensións sempre e cando o beneficiario teña cumpridos os 60 anos.
- Ser españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
- Non padecer doenzas mentais graves nin enfermidade infecto-contaxiosa.
- Valerse por si mesmo para as tarefas da vida diaria.
- Acadar a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitados, de conformidade coa baremación esixida.
Admitirase como acompañante o/a cónxuxe aínda que non alcance a idade sempre que cumpra o resto dos requisitos.
Quendas: de 12 días (11 noites) ou 10 días (9 noites), realizaranse en réxime de pensión completa en habitacións dobres e de uso compartido.
Prezo: varía en función do balneario e do mes solicitado.
Documentación: DNI da persoa solicitante e do/a cónxuxe, clase de pensións que perciben coa contía mensual e, unha declaración xurada que está no reverso da solicitude.
Prazo e lugar da solicitude: para as
quendas de febreiro a agosto ata o día
16 de xaneiro de 2015 e, para a súa inclusión na
Lista de Espera, ata o
18 de maio de 2015; para as
quendas de setembro a decembro ata o día
16 de maio de 2015 e, para a súa inclusión na
Lista de Espera,
ata o
30 de outubro de 2015; nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello de Camariñas.