RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 05/12/2014
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Benestar publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de decembro de 2014 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Convocadas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio SSC089_2
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
- Servizos para o control de pragas SAG028_2
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2
- Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
- Información xuvenil SSC567_3
- Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
- Transporte sanitario SAN025_2
Requisitos:
- Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
- Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
- Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
- Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
- Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.
- Non estar matriculado /a nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita. Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/es de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita. Non estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.
Prazo: ata o
3 de xaneiro de 2015 (inclusive) para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
-
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio SSC089_2
-
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
-
Servizos para o control de pragas SAG028_2
-
Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
-
Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2
-
Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
-
Información xuvenil SSC567_3
Prazo: do 15 de febreiro ó 15 de marzo de 2015 para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
-
Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
- Transporte sanitario SAN025_2
IMPORTANTE: Aquelas
persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria (publicada a través da Resolución do 6 de novembro de 2013)
nas cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
NON teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación, só terán que formalizar o pagamento das taxas.
A partir do 15 de decembro, a través da
páxina web da consellería indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG [PDF]
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA [PDF] OU CONTACTAR COA
ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00
Descargas relacionadas