Os centros de saúde poden ser tamén un bo espazo para a lectura, mentres se espera a vez os nenos/as e os seus pais/nais poden estar entretidos lendo ou mirando ilustracións, incluso debuxando e identificándose coas personaxes, así o considera a Concelleira de Cultura e Deporte do Concello de Camariñas, Sandra Insua Rial e por iso vai dotar as salas de pediatría do centros de saúde de Camariñas e A Ponte do Porto dun baúl con libros e lapis de cores.
A entrega do agasallo de Nadal realizarase o mércores 22 de decembro ás 12:00h no Centro de Saúde de Camariñas e o xoves 23 de decembro no centro de saúde da Ponte á mesma hora.