LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA CATEGORÍAS GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA E ENXEÑEIRO / A TÉCNICO / A.
O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 29 de outubro pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías do grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e enxeñeiro / a técnico / a.
As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.
As listas entrarán en vigor con efectos do 31 de outubro de 2014.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141029/AnuncioG0003-231014-0005_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00