O Concello

Departamentos

* Camariñas amplía o seu programa de compostaxe a todo o Concello 19/08/2014

Camariñas amplía o seu programa de compostaxe a todo o Concello

Tras a boa experiencia iniciada hai catro meses coas 25 primeiras familias de Camariñas, o Concello decide aumentar as participantes. O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos en xeral, incentivando ademais na importancia da separación dos residuos.  

Dende o pasado día oito de agosto está aberto o prazo de inscrición para a segunda fase do programa de compostaxe dirixido a todas as familias do Municipio de Camariñas, que conta coa colaboración do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e do Grupo Soil, e a execución Técnica da asociación ambientalista Amigos da Terra.  

O proxecto iniciouse hai xa catro meses coas 25 primeiras familias; a primeira fase foi todo un éxito e o Concello decidiu apostar forte por esta alternativa ao actual modelo de xestión de residuos que lonxe de mellorar, co que cada día amósase máis crítico.  

Esta vez serán moitas máis as unidades familiares que poderán participar no proceso que terá unha duración de un ano. Os requisitos para participar inclúen habitar unha vivenda unifamiliar de Camariñas con parcela anexa, o número de habitantes que comen habitualmente na vivenda, e se pregunta tamén a motivación para participar. Entre todas as persoas inscritas farase un proceso de selección tendo en conta o cumprimento dos requisitos mínimos necesarios.

Unha vez se inicie o proceso nas vivendas, entregaranse os materiais que consistirán en un composteiro de 400 litros a cada familia e un manual para coñecer máis do proceso.  

Realizaranse tres visitas nos domicilios dos participantes, para facer seguimento, resolver dúbidas e recoller datos relativos á evolución do proxecto. Finalizarase coa extracción de compost de cada composteiro e unha avaliación da experiencia, que servirá para poñer en marcha outras vindeiras fases do mesmo.  

Para inscribirse no proxecto, dirixirse á Casa da Pedra- Camariñas (Teléfono: 981737004 info@camarinas.net)  

Máis información:  
Concello de Camariñas, Axencia desenvolvemento local 981 73 70 04
María Durán, Responsable da Área de recursos naturais e residuos de Amigos da Terra. Tlf: 988 374 318.

Ligazóns relacionadas


© by Abertal