O Concello

Departamentos

* APERTURA DE LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 30/07/2014

APERTURA DE LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

No DOG número 135 do 17 de xullo de 2014 publícase unha resolución pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías estatutarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Categorías:

-  Pasador / a de ferro
-  Lavandeiro /a

A formalización das solicitudes de inscrición efectuarana as persoas interesadas a través do currículo profesional habilitado electronicamente (FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos), ao cal se accederá a través da páxina web (www.sergas.es) 

O modelo normalizado de formulario de inscrición estará dispoñible no devandito sistema. Unha vez formalizado electronicamente pola/o interesada/o deberá imprimirse e asinarse para a súa presentación en formato papel a través do preceptivo rexistro administrativo.
 
Na inscrición farase constar expresamente a/as categoría/as á/ás que se opta e ámbito territorial de dispoñibilidade así como as declaracións que constan no modelo normalizado relacionadas cos requisitos de admisibilidade. 

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 18 de xullo ata o 30 de agosto de 2014.

Os méritos computables serán os causados ata o 15 de agosto de 2014 que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
 
Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición no expediente electrónico con posterioridade ó 26 de xullo de 2013, a/o aspirante figurará na seguinte xeración de listas que se efectúe as respectivas categorías. 

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140717/AnuncioG0003-100714-0002_gl.pdf

PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00 

Descargas relacionadas


© by Abertal