O Concello

Departamentos

* Prazas nas residencias xuvenís 25/06/2014

Prazas nas residencias xuvenís

A CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR a traves da Publicación o 20 de xuño do 2014 convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2014/15 para mozos e mozas (de 16 a 30 anos).

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade: Lugo  Residencia: Centro Residencial Xuvenil LUG      Núm. prazas: 76 Home/muller   
Cidade: Ourense   Residencia: Florentino López Cuevillas      Núm. prazas: 55 Home/muller  
Cidade: Vigo  Residencia: Altamar      Núm. prazas: 94 Home/muller     
       
Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea, distribuídas do seguinte xeito:

Cidade: Lugo  Residencia: Centro Residencial Xuvenil LUG      Núm. prazas: 7 Home/muller   
Cidade: Ourense   Residencia: Florentino López Cuevillas      Núm. prazas: 5 Home/muller  
Cidade: Vigo  Residencia: Altamar      Núm. prazas: 8 Home/muller

Máis información no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140620/AnuncioCA05-170614-0001_gl.html

Lembrar que as solicitudes para cursar ciclos de formación profesional, independentemente da modalidade, deron comezo :

·       Presentación de solicitudes 17 de xuño ao 4 de xullo ás 13:00 horas
·       Listaxe provisional de solicitudes 9 de xullo
·       Reclamación á listaxe provisional 9 ao 11 de xullo ás 13:00 horas
·       Listaxe definitiva de solicitudes 17 de xullo
·       1ª adxudicación 18 de xullo
·       Matriculación 1ª adxudicación 18 ao 24 de xullo ás 13:00 horas
·       2ª adxudicación 29 de xullo
·       Matriculación 2ª adxudicación 29 ao 31 de xullo ás 13:00 horas

As solictudes podense facer a traves de internet no enlace https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/ ou presenciais no centro que escollan como primeira preferencia.  

O Luns, 16 de xuño de  A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo ,antigas universidades laborais, para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.

Prazo de presentación de solicitudes: para alumnos de bacharelato dende o 17 de xuño ó 11 de xullo para alumnos de FP dende o 17 de xuño ó 18 de xullo máis información no enlace: http://centros.edu.xunta.es/credovigo/files/1402901866.pdf
para resolver calquera dubida poden dirixirse a Casa de Pedra 981737004 (Ali Trillo educadora familiar).


© by Abertal