O Concello

Departamentos

* Turismo Social para Maiores do Imserso 2014/2015 08/05/2014

Turismo Social para Maiores do Imserso 2014/2015

Está aberto o prazo para  solicitar praza no programa de Turismo Social para Maiores ( Vacacións do Imserso) temporada 2014/2015

Requisitos
:

- Ter como mínimo 65 anos cumpridos
- Ser pensionistas de xubilación do Sistema Público de pensións.
- Outros pensionistas do Sistema Público de pensións e prexubilados, con 60 anos cumpridos.
- Ser pensionista de viuvez con 55 anos cumpridos.

Os cónxuxe non precisan reunir os requisitos de idade e pensión. Así mesmo, se admitirá como acompañante a un/unha fillo/a con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior o 45 %; deberá valerse por si mesmo e non padecer alteracións de comportamento que lle impidan a normal convivencia nos hoteis.

Destinos:       

-    Opción A:
Península o Baleares.
-    Opción B: Canarias, Circuítos Culturais e Turismo de Natureza.  

Prazo:
Ata o día 5 de xuño do 2014  nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello, para máis información poderán chamar o teléf.: 981 73 70 04. Tamén poderán facer a solicitude telematicamente a través da Sede Electrónica do
Imserso: www.imserso.es                                                        

Camariñas,  7 de maio de 2014
A concelleira de Servizos Sociais,
Igualdade, Saúde e Deportes
   
Mª Carmen Linares Chica

Descargas relacionadas


© by Abertal