OBRADOIROS DE IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS.
PROGRAMA “Camariñas en clave de Igualdade"
Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas vimos desenvolvendo actuacións sensibilizadoras e preventivas en temáticas de igualdade de oportunidades e violencia de xénero dende hai xa uns anos, que nos levan a realizar distintos obradoiros nos centros educativos do noso concello. Estas actuacións se enmarcan dentro do programa de traballo preventivo e de concienciación no ámbito escolar "Camariñas en clave de Igualdade" financiado pola Deputación da Coruña. Os obradoiros comezaron o pasado 28 de xaneiro e remataron onte 31 de marzo.
Os obradoiros realizados este ano foron:
Educación en igualdade que estivo dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de primaría (5º e 6º) dos dous centros educativos do concello comprendidos en idades de 10 e 12 anos cun total de 91 alumnos/as.
Prevención da Violencia de Xénero, que está dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO, do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto, cun total de 88 alumnos/as.
Estampación de Camisetas con temática de Igualdade: que estivo dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de primaría (5º e 6º) dos dous centros educativos do concello comprendidos en idades de 10 e 12 anos cun total de 91 alumnos/as.
Dende a área de Igualdade creemos vital a educación en igualdade e a prevención e sensibilización da violencia de xénero, coa convicción da importancia do traballo nas aulas.
Tamén agradecer o alto grao de colaboración dos centros escolares do noso concello.
Reciban un cordial saúdo
Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais,
Igualdade, Saúde e Deporte