O Concello

Departamentos

* PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL ANO 2014 12/03/2014

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL ANO 2014

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de marzo as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Requisitos:
-  Persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2014. 

Prazo de inscrición:
- Do 31 de marzo ó 11 de abril de 2014 (inclusive)  

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Requisitos:
-  Persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e estean nalgunha das seguintes situacións:  
·       Ter 19 anos ou facelos no ano 2014
·       Facer ou ter feitos os 18 anos no 2014 e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que se opta, consonte se establece no anexo VII da orde (DOG 10 de marzo de 2014) 

Prazo de inscrición:
- Do 10 ó 21 de marzo (inclusive)  

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140310/AnuncioG0164-050314-0003_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA EDUCADORA FAMILIAR
CASA DE PEDRA    981 737004 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal