PROGRAMA CONMEMORATIVO DO 8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER ÁREA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas poñémonos en contacto con vós para informarlles do programa que se vai a levar a cabo relativo ao Día Internacional da Muller no noso concello.
Este ano decidimos centrarnos en actuacións de carácter reivindicativo onde se dea visibilidade ás mulleres como colectivo e aos dereitos que aínda que moitos están recoñecidos a nivel legal as mulleres non conseguiron na realidade.
A nosa primeira actuación foi a realización e colocación dunha pancarta de 2,5 *5 metros no edificio da Casa de Pedra de Camariñas, sede da Área de Igualdade , que visibiliza ao que as mulleres temos dereito e do que de ningunha maneira podemos prescindir.
Outra iniciativa que estamos levando a cabo e relacionado con isto é un Obradoiro de Estampación de Camisetas para o alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do noso concello, no que previo información e análise do Día Internacional da Muller o alumnado estamparán cada un/unha na súa camiseta un dereito que crean que teñen as mulleres.
Moitas grazas pola súa colaboración
Reciban un cordial saúdo
Mª del Carmen Linares Chica