O Concello

Departamentos

* LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA 03/03/2014

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2014 pola que acorda o peche de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e   escalas. 

Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2013 e o número de inscritos / as en cada lista resólvese: 

-      Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se indican no anexo I.
-      Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se atopan abertas e nas que os interesados poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo deste ano (Anexo II)
-      Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas pechadas e nas que soamente se poderán inscribir aquelas persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo do corpo, escala, grupo e categoría correspondente ou teñan prestado servizos na xunta de Galicia para a lista correspondente (anexo III) 

Listas abertas para novas incorporacións:
 

Ø  Persoal funcionario:  
· Escala de veterinarios
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Dereito
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Procesos de cultivo acuícola
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Navegación Marítima
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Pesca Marítima
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Inglés Marítimo
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Medicina Subacuática e Hiperbárica
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Intervencións Subacuáticas e Hiperbáricas
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Comunicacións
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Máquinas e Instalacións Mariñas
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Procesos sanitarios
· Escala de profesores numerarios
. Especialidade: Formación e Orientación Laboral
· Escala de mestres de taller: Especialidade: Servizos  Subacuáticos e Hiperbáricos
· Escala de mestres de taller: Especialidade: Máquinas e Produción
· Escala de mestres de taller: Especialidade: Servizos  ao Buque
· Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia
· Escala de axentes forestais 

Ø     Persoal laboral:   

· Titulado / a superior médico / a, médico/a xeriatra, médico / a CEI, médico / a adxunto / a, médico / a
· ATS, enfermeiro / a, practicante, DUE
· Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro / a, xefa/a de cociña, cociñeiro / a 1ª
· Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira
· Aux. sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico / a, auxiliar de enfermería, coidador / a xeriátrico, coidador / a
· Oficial 2ª cociña, cociñeiro / a oficial 2ª  

Prazo:
1 marzo – 15 xullo 

Requisitos:
  Imprescindible ter unha titulación oficial e certificado de lingua galega (consultar requisitos específicos para cada categoría nos enlaces que se sinalan máis abaixo)  

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140228/AnuncioCA01-260214-0001_gl.pdf
PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR    
http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL    
CASA DE PEDRA    981 73 70 04 / 653260746
   
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00     

Descargas relacionadas


© by Abertal