A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Facenda publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 27 de febreiro unha resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2013 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia reguladas polo decreto 37/2006.
As listas pódense consultar no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas Oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficias comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.
As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela)
Unha vez realizadas as emendas procedentes, darase publicidade das puntuacións definitivas mediante publicación da oportuna resolución no DOG.
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140227/AnuncioCA01-250214-0001_gl.pdf
ENLACE PARA CONSULTA-LAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00