O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 7 de febreiro pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de cociñeiro/a e pinche.
As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)
O estado de cada solicitude pode ser consultado polo / a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedien-e/sección de procesos.
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso – administrativo competente.
As listas entrarán en vigor con efectos do 11 de febreiro de 2014.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140207/AnuncioG0003-030214-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00