Continuando co noso propósito de mellorar as cousas, dende servizos sociais do Concello de Camariñas, ofertamos obradoiros de técnicas de estudo nos colexios do noso concello.
A educadora familiar do Concello, Ali Trillo, está a traballar actualmente no CEIP “O Allo “ de Ponte do Porto, co fin de acadar os mellores resultados cara ao mes de xuño.
Os de quinto están traballando técnicas para mellorar a velocidade e a comprensión lectora, rematarán o dia 11 de febreiro.
No caso dos maiores, que xa están en sexto de primaria, traballaron técnicas para facer un bo subliñado, esquemas e resumo. Estes remataroun o día 27 de xaneiro e recibiron un diploma polo traballo e o esforzo empregado.
Estes obradoiros xa tiveron lugar no CEIP “O Areal”, durante os meses de outubro e novembro do pasado ano, recén estreado o curso.
O Concello de Camariñas quere agradecer a colaboración do persoal dos centros educativos e por suposto do alumnado.
Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Saúde e Deportes
Concello de Camariñas