O Concello

Departamentos

* UNHA PANTALLA PARA APOIAR AO COMERCIO LOCAL 30/12/2013

UNHA PANTALLA PARA APOIAR AO COMERCIO LOCAL

O Concello de Camariñas instala unha pantalla informativa para mellorar a rede comercial local cofinanciada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e os fondos europeos FEDER.

Na última reunión da mesa local de comercio da que forman parte o Concello de Camariñas, a Asociación de Empresarios e a Asociación de Amas de Casa aprobouse o Plan de Desenvolvemento Comercio 2013-2014.

Este plan incluía un apartado para a dinamización e revitalización do comercio de proximidade mediante a instalación dunha pantalla exterior. Nesta pantalla os comercios locais colocarán os seus anuncios para así, dende o Concello, apoiar a súa difusión.

Nestes días aquelas empresas que estean dadas de alta no directorio empresarial do Concello recibirán unha notificación na que se lles explicará como poder subir anuncios á esta pantalla. A subida destes anuncios será gratuíta.

Aqueles negocios que queiran darse de alta no directorio empresarial poden informarse na Casa de Pedra, no 981737004 ou no correo electrónico info@camarinas.net e terán que asinar os documentos de solicitude e engadir o logotipo e imaxes da empresa que desexe publicar no directorio.

Descargas relacionadas


© by Abertal