RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 13/11/2013
RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Benestar publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de novembro de 2013 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Unidades de competencias das cualificacións profesionais de:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio SSC089_2
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
- Servizos para o control de pragas SAG028_2
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2
- Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
- Información xuvenil SSC567_3
Requisitos:
- Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
- Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
- Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
Ø Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
Ø Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.
Ø Non estar matriculado / a e / ou cursando formación conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicite a súa inscrición.
Prazo: ata o
12 de decembro de 2013 para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
-
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
-
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
-
Servizos para o control de pragas
-
Información xuvenil Prazo: do 1 ó 31 de marzo de 2014 para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
-
Socorrismo en espazos acuáticos naturais -
Socorrismo en instalacións acuáticas
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131112/AnuncioCA05-061113-0003_gl.pdf
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA:
http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional OU CONTACTAR COA
ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00
Descargas relacionadas