PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA
Sae publicada no DOG de 12 de novembro de 2013 a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Todas aquelas persoas que se anotaron este ano nas listas deben comprobar canto antes a súa situación xa que se abre un prazo de reclamacións.
Información publicada:
- Solicitantes admitidos /as na lista con indicación da puntuación provisional.
- Solicitantes excluídos / as con expresión da causa de exclusión
Prazo de reclamacións: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia).
No suposto de que algunha das persoas excluídas das citadas listaxes non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión quedará definitivamente excluída.
As listas poden consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia www.xunta.es na epígrafe Función Pública.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131112/AnuncioCA01-061113-0001_gl.pdf
CONSULTA DAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00