O Concello

Departamentos

* LISTAS SERGAS CATEGORÍA TÉCNICO/A EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA 23/10/2013

LISTAS SERGAS CATEGORÍA TÉCNICO/A EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 16 de outubro pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería. 

As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es

O estado de cada solicitude pode ser consultado polo / a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedien-e/sección de procesos.

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso – administrativo competente. 

As listas entrarán en vigor con efectos do 21 de outubro de 2013. 
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131016/AnuncioG0003-101013-0001_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal