O Concello

Departamentos

* SERVIZO GALEGO DE SAÚDE. ACTUALIZACIÓN PERIÓDICA DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL 03/10/2013

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE. ACTUALIZACIÓN PERIÓDICA DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23 de setembro unha resolución pola que se inicia o procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade e se regulan as súas bases. 

Con carácter xeral, segundo o Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, do 26 de abril de 2011 (DOG, do 9 de maio), serán obxecto de actualizacións as listas daquelas categorías en que tiveses transcorrido o período dun ano desde o último proceso. 

En 2013 actualizaranse as listas das seguintes categorías

-      Técnico / a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
-      Técnico / a superior en hixiene bucodental
-      Técnico / a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
-      Técnico /a superior en imaxe para o diagnóstico clínico
-      Técnico / a superior en radioterapia
-      Persoal de servizos xerais
-      Grupo auxiliar da función administrativa
-      Celador / a
-      Enfermeiro / a
-      Enfermeiro / a especialista en obstetricia e xinecoloxía 

Prazo: as persoas aspirantes poderán presentar a solicitude de inscrición nas listas en calquera momento, sen suxeición a prazo. En cada xeración de listas que se efectúe incluiranse as solicitudes e méritos que consten presentados ata quince días antes da data prevista na epígrafe II.4.3. da Resolución do 26 de abril de 2011 pola que se publica o Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal (15 de outubro ou específico da OPE). 

RESOLUCIÓN DO DOG:  
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130923/AnuncioG0003-160913-0007_gl.pdf 

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800 

ENLACE EXPEDIENT-e:
https://fides.sergas.es/FIDES/html/public/irAcceso.action 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00   


© by Abertal