O Concello

Departamentos

* SEAGA. APERTURA DE LISTAS E ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS 02/10/2013

SEAGA. APERTURA DE LISTAS E ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS

APERTURA PRAZO  DE ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS E NOVAS INCORPORACIÓNS DA EMPRESA SEAGA 
 
A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (Seaga) publicou un anuncio no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 30 de setembro de 2013 no que fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos e / ou incorporación de novos / as candidatos /as a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal. 

Categorías abertas:

- Enxeñeiro / a de montes
- Enxeñeiro / a agrónomo / a
- Enxeñeiro / a técnico forestal
- Enxeñeiro / a técnica agrícola
- Capataz / a
- Xefe / a de brigada
- Peón / a especialista
- Peón / a
- Oficial / a administrativo / a
- Auxiliar administrativo / a  

Categorías de nova creación nas que tamén se poden incorporar candidatos / as: 

- Arquitecto / a
- Arquitecto/a técnico / a
- Enxeñeiro / a de camiños, canles e portos
- Enxeñeiro / a técnico / a de obras públicas 

Modificación dos ámbitos territoriais para a categoría de Capataz / a.  

No caso de aqueles candidatos / as que xa formen parte das listas previas nesta categoría, a adaptación ós novos ámbitos farase de oficio por Seaga tomando como referencia os ámbitos nos que o / a candidato / a figure admitido / a. No caso de querer modificar algún ámbito a persoa interesada poderá facelo. 

Presentación de renuncias e modificación de ámbitos e / ou perfís 

As persoas anotadas nalgunha lista previa que non desexen seguir formando parte da dita lista poderán presentar a súa renuncia. As persoas anotadas nalgunha lista previa que desexen modificar o ámbito territorial ou perfil profesional poderán facelo tamén nesta convocatoria.

Fin do prazo: 31 de outubro 

 Lugar de presentación: nas oficinas de rexistro de SEAGA de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas ou nas oficinas do Organismo Estatal de Correos mediante correo certificado con acuse de recibo (debendo neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía Fax, ao número 881 997 334, acreditación da dita presentación, que comprende tanto o resgardo de correos  acreditativo do envío como a copia da solicitude ó proceso de selección).   

ENLACE Ó ANUNCIO DO DOG:   
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130930/AnuncioE3H1-240913-0005_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:  
 
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php   

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   
 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Descargas relacionadas


© by Abertal