O teu sangue é vida. Compártea.
O venres 4 de outubro a unidade móbil de doazón de sangue estará en Camariñas. Situarase fronte ao edificio da Seguridade Social no acceso á lonxa coma sempre e abrirá pola tarde de 16:30 ás 21:00.
O venres 4 de outubro 500 persoas dependen de ti. Dende o Concello de Camariñas instamos a tódolos veciños a colaborar nesta causa.
O teu sangue é vida. Compártea.
Moitas grazas.