O Concello

Departamentos

* APERTURA PRAZO SOLICITUDES LISTAS SEAGA 12/08/2013

APERTURA PRAZO SOLICITUDES LISTAS SEAGA

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A.  (SEAGA) vén de publicar un anuncio no Diario Oficial de Galicia(DOG) do pasado 8 de agosto, polo que fai público a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a incorporación ás listas previas de persoal temporal nas categorías profesionais de:

Maquinista / condutor
Auxiliar de laboratorio  

Prazo: dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

No mencionado anuncio tamén se publican as bases específicas II para a selección e contratación de persoal nas categorías profesionais de oficial administrativo e auxiliar administrativo (para as persoas que xa figuran inscritas nas listas previas). Neste caso hai 3 días hábiles de prazo para a presentación de méritos de formación. O inicio do prazo anunciarase na páxina web de SEAGA.   

As bases das convocatorias están expostas na sede de SEAGA (Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi 14 15890 Santiago de Compostela) e na páxina web www.epseaga.com 

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130808/AnuncioE3H1-050813-0004_gl.pdf

PÁXINA WEB SEAGA:
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.htm 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal