O Concello

Departamentos

* AXUDAS PARA INTERNET VÍA SATÉLITE 05/08/2013

AXUDAS PARA INTERNET VÍA SATÉLITE

En Xullo finalizou con éxito a implantación das infraestruturas do Plan de Banda Larga 2012-2013 nos núcleos de poboación de As Carballas, Lazo, Portocelo e Trasteiro.

Agora mesmo non temos coñecemento de vivendas que poda acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps, pero se ese é o seu caso, ábrese unha convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes.

O programa de axudas establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do equipamento do interior da vivenda ou empresa preciso para distribuír a sinal de banda larga, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.

As axudas  serán tramitadas polas empresas de satélite acreditadas pola Xunta como entidades colaboradas. Na páxina web de AGADER pódese consultar unha táboa comparativa cos datos de contacto das entidades colaboradoras e os servizos ofertados ao abeiro das axudas.

Neste convocatoria, o prazo para que cidadáns e pemes poidan solicitar as axudas abrirase unha vez se publique no DOG a relación de entidades colaboradoras seleccionadas e remada o día 30 de setembro de 2013.

Se está interesado en máis información pode poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres  de 9:00 a 15:00h.

Descargas relacionadas


© by Abertal