O Concello

Departamentos

* MOBEM. Aplicación para o móbil do Servizo Público de Emprego de Galicia 30/07/2013

MOBEM. Aplicación para o móbil do Servizo Público de Emprego de Galicia

O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) vén de poñer en funcionamento unha aplicación informática nativa para cada unha das plataformas móbiles máis empregadas na actualidade (Android, iOS, Blackberry OS, Windows Phone), que ten por obxectivo ampliar as formas de acceso ós servizos ofrecidos polo SPEG ás persoas demandantes de emprego.

As funcionalidades da aplicación son:

o   Renovación da demanda de emprego.
o   Consulta da axenda (Pódense ver as datas de renovación da demanda, citas de orientación laboral, etc.)
o   Configuración dos datos da conta de usuario.

Para poder utilizar o MOBEM necesitas estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego e ter a túa demanda en situación administrativa de Alta.

o   Se non estás inscrito no SPEG a inscrición debes facela persoalmente na oficina de emprego que corresponde ó teu domicilio de residencia. Para Camariñas, como xa sabedes correspóndenos a Oficina de emprego de Cee.

o   Ademais de estar en alta necesitarás un identificador de usuario e un contrasinal de acceso. O dito identificador e contrasinal son os mesmos que utilizas para acceder á oficina virtual do Portal de emprego. Se careces deles deberás solicitalos persoalmente na túa oficina de emprego, para iso debes dispoñer dunha conta de correo electrónico (o identificador e o contrasinal enviaránseche ó correo electrónico).

A comunicación entre o terminal e o SPEG realizase mediante unha canle cifrada SSL.

Plataformas nas que se pode instalar a aplicación:

o   Terminais iOS (equipos Apple: iPhone o iPod touch).

o   Terminais Android

o   Terminais Blackberry

o   Terminais Windows

Non esquezas estas recomendacións de seguridade:

o   Se algunha vez accedes a MOBEM dende outro terminal que non sexa o teu comproba que non teña activada a funcionalidade de gardar contrasinal (consulta o apartado preferencias do manual de uso específico de Android, iOS, Blackberry OS ou Windows Phone).

o   Se vendes ou regalas o terminal lembra borrar toda a configuración ou desinstala a aplicación.

o   Se che rouban o terminal e desexas impedir o acceso á aplicación MOBEM co contrasinal, accede á oficina virtual do portal de emprego e cambia o contrasinal. Lembra que o contrasinal serve tanto para acceder á oficina virtual do portal de emprego como a MOBEM. (Se non lembras o contrasinal de acceso podes acceder á oficina virtual do portal de emprego mediante certificado dixital ou DNI electrónico ou solicitar un novo de xeito presencial na túa oficina de emprego).


MÁIS INFORMACIÓN:  

http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/oficinaVirtual/oficina_virtual_movil/

ENLACES ONDE PODES DESCARGA-LOS DISTINTOS MANUAIS E INSTALA-LOS APLICATIVOS:

o   Terminais iOS (equipos Apple: iPhone o iPod touch)

o   Terminais Android 

o   Terminais Blackberry

o   Terminais Windows


© by Abertal