ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA LISTAS TÉCNICO/A SUPERIOR E TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 16 de xullo pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de técnico/a superior e técnico/a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais.
As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)
O estado de cada solicitude pode ser consultado polo / a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedien-e/sección de procesos.
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso – administrativo competente.
As listas entrarán en vigor con efectos do 22 de xullo de 2013.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130716/AnuncioG0003-080713-0002_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00