O Concello

Departamentos

* LISTAS SERVIZO GALEGO DE SAÚDE CATEGORÍA TÉCNICO/A COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA 02/07/2013

LISTAS SERVIZO GALEGO DE SAÚDE CATEGORÍA TÉCNICO/A COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 2 de xullo unha resolución pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería. 

As listas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es 

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o xulgado do contencioso–administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación. 

As persoas admitidas, con respecto ós resultados da baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada, direccións provinciais do organismo e direccións con competencias en xestión do persoal no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación. 

RESOLUCIÓN DO DOG:  
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130702/AnuncioG0003-260613-0001_gl.pdf 

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00  


© by Abertal