Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Turismo Social para Maiores ( Vacacións do Imserso) temporada 2013/2014
Requisitos:
- Ter como mínimo 65 anos cumpridos
- Ser pensionistas de xubilación do Sistema Público de pensións.
- Outros pensionistas do Sistema Público de pensións e prexubilados, con 60 anos cumpridos.
- Ser pensionista de viuvez con 55 anos cumpridos.
Os cónxuxe non precisan reunir os requisitos de idade e pensión. Así mesmo, se admitirá como acompañante a un/unha fillo/a con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior o 45 %; deberá valerse por si mesmo e non padecer alteracións de comportamento que lle impidan a normal convivencia nos hoteis.
Destinos:
- Opción A: Península o Baleares.
- Opción B: Canarias, Circuítos Culturais e Turismo de Natureza.
Prazo: Ata o día 12 de xullo do 2013 nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello, para máis información poderán chamar o teléf.: 981 73 70 04. Tamén poderán facer a solicitude telematicamente a través da Sede Electrónica do Imserso: www.imserso.es.
Camariñas, 27 de xuño de 2013
A concelleira de Servizos Sociais,
Igualdade, Saúde e Deportes
Mª Carmen Linares Chica