O Concello

Departamentos

* APERTURA DE LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 28/06/2013

APERTURA DE LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

No DOG número 120 do 26 de xuño de 2013 publícase unha resolución pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para  a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nó ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade 

Categorías:

- Grupo técnico da función administrativa
- Grupo de xestión da función administrativa
- Enxeñeira / o técnica / o

A formalización das solicitudes de inscrición efectuarana as persoas interesadas a través do currículo profesional habilitado electronicamente (FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos), ao cal se accederá a través da páxina web (www.sergas.es) 

O modelo normalizado de formulario de inscrición estará dispoñible no devandito sistema. Logo de formalizado electronicamente pola/o interesada/o deberá imprimirse par a súa presentación en formato papel a través do preceptivo rexistro administrativo. 

Na inscrición farase constar expresamente a/as categoría/as á/ás que se opta e ámbito territorial de dispoñibilidade así como as declaracións que constan no modelo normalizado relacionadas cos requisitos de admisibilidade. 

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 27 de xuño ata o 26 de xullo de 2013. Os méritos computables serán os causados ata o 11 de xullo de 2013 que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes. 

Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición no expediente electrónico con posterioridade ó 26 de xullo de 2013, a/o aspirante figurará na seguinte xeración de listas que se efectúe as respectivas categorías. 

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130626/AnuncioG0003-180613-0001_gl.pdf 

PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00 


© by Abertal