A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia concedeu curso de Ebanistería dentro das accións formativas prioritarias para persoas desempregadas solicitadas polo Concello de Camariñas.
Ata o venres 7 de xuño teñen de prazo as persoas interesadas para solicitar este curso na oficina de emprego.
Acción formativa: Ebanistería
Código: MAMS40
Duración: 818 horas
Data de inicio: 26 de xuño ata o 13 de decembro
Horario: 8 horas polas mañás de luns a venres
Solicitude de inscrición: ata o venres 7 de xuño na Oficina de emprego de Cee ou a través do Portal de Emprego da Xunta de Galicia (emprego.xunta.es) se contas con clave de acceso.
As persoas que superen o curso con éxito poderán solicitar certificado de profesionalidade.
MÁIS INFORMACIÓN CURSOS AFD:
http://traballo.xunta.es/afd
PORTAL DE EMPREGO DA XUNTA DE GALICIA
http://emprego.xunta.es/cmspro/contido
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00