O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23 de maio de 2013 pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro / a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias – 061.
As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)
O estado de cada solicitude pode ser consultado polo / a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedien-e/sección de procesos
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso – administrativo competente.
As listas entrarán en vigor con efectos de 27 de maio de 2013.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130523/AnuncioG0003-160513-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=91271
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORALCASA DE PEDRA
981 73 70 04 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00