O Concello

Departamentos

* SESIÓN DE WORK SHADOWING NO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL 13/05/2013

SESIÓN DE WORK SHADOWING NO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

No marco do programa YPAD, encontro da xuventude, que tivo lugar a semana pasada en Camariñas, realizouse unha sesión de “Work shadowing” (observación no posto de traballo) que estivo a desenvolver Lena Lindström, pertencente á delegación sueca de Pitea coa orientadora laboral do concello o día 8 de maio.

Lena, que traballa na inserción laboral de mozos menores de 25 anos, mantivo unha entrevista coa orientadora para saber como funciona o Servizo Público de Emprego en España, Galicia e que servizos se prestan en Camariñas ás persoas desempregadas, principalmente á xente moza. Ademais realizou unha observación para ver como se realizaba unha sesión de orientación a unha persoa que está a realizar neste momento un itinerario de inserción laboral en Camariñas.


© by Abertal