O Concello

Departamentos

* Campamentos deportivos 2013 26/04/2013

Campamentos deportivos 2013

Estimadas familias:

Co fin de ir preparando as actividades do verán 2013, solicitamos a vosa colaboración, cubrindo esta preinscripción por parte das familias interasadas,  para anticiparnos ás necesidades que teremos que afrontar durante os Obradoiros Deportivos de Verán. Lembrámosovos que durante os meses de xullo e agosto, o Concello oferta uns Obradoiros coa intención de conciliar a vida familiar e laboral. Este ano temos previsto ofertar dous modelos, un para os máis pequen@s da casa (nen@s nad@s entre 2009 e 2007 ambos incluidos) no que se desenvolverán actividades de manualidades, animación, culturais, de animación á lectura… E outro para @s maiores (nad@s entre 2006 e 1999 ambos incluidos) máis multideportivo, no que se desenvolverán actividades na natureza (andainas, saídas en bici, xogos na praia, orientación…), deportes con balón, deportes con raqueta…

As quendas (dez días laborables) e de 10 a 13´30h repartiranse do seguinte xeito:

1ª quenda de 2-15 xullo;
2ª quenda: 19 de xullo ao 2 de Agosto;
3ª quenda de: 3 a 16 de agosto (14 de agosto mañán e tarde);
4ª quenda de 19 a 30 de agosto.

Os custos por quenda serán:

CUSTO INDIVIDUAL: Cada quenda terá un custo de 20€. NO CASO DE REPETIR QUENDA: 10€.

CUSTO FAMILIAR POR QUENDA:
1º MEMBRO: 20€; 2º MEMBRO: 10€; 3º MEMBRO E SEGUINTES: 0€.

NO CASO DE REPETIR QUENDA: 1º MEMBRO: 10€; 2º MEMBRO: 5€; 3º MEMBRO E SEGUINTES: 0€   


O PRAZO MÁXIMO DE PREINCRIPCIÓN VENRES DÍA 24 MAIO, ENTREGANDO O RECORTABLE NAS COSERXERÍAS DOS COLEXIOS DE INFANTIL E PRIMARIA DE CAMARIÑAS E PONTE DO PORTO, NO IES DE PONTE DO PORTO, E ÁS TITORAS DAS UNITARIAS DE CAMELLE E XAVIÑA.

PARA MÁIS INFORMACIÓN CHAMAR
AO CONCELLO 981-736000 (preguntar por Fran Puga)


Agardamos a vosa participación, un saúdo.    

A Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Saúde e Deportes  
Mª Carmen Linares Chica


http://www.dicoruna.es/cultura/campamentos-deportivos/triptico-ficha-inscricion-correxido-2013.pdf

Descargas relacionadas


© by Abertal