A empresa Natutecnia vén de abrir un proceso selectivo para a campaña de extinción de incendios do ano 2013.
Realízase selección de persoal para as seguintes categorías:
- Técnico: Enxeñeiro de Montes e / ou Enxeñeiro Técnico Forestal
- Xefe de brigada: Técnico Superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos, Formación Profesional de segundo grao equivalente e / ou Capataz Forestal
- Peón: non necesarios requisitos
- Emisorista: 2º curso da ESO (ou graduación equivalente) ou superior
Instrucións de inscrición:
- Descargar da páxina web da empresa o formulario en galego ou en castelán
- Encher o formulario
- Xuntar o formulario
Fin do prazo: venres 26 de abril de 2013 ás 23:59
MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.natutecnia.com/
ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA – 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00