O Concello

Departamentos

* LISTAS DEFINITIVAS EN VARIAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 05/04/2013

LISTAS DEFINITIVAS EN VARIAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de abril de 2013 pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

As categorías das que se publican as listas definitivas son: 
 
-  Enfermeiro / a especialista en obstetricia–xinecoloxía (matrón  / matroa) 
-  Traballador / a social
-  Logopeda

As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes en cada unha das categorías atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es

O estado de cada solicitude pode ser consultado polo / a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedien-e/sección de procesos 

Contra a presente resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso – administrativo competente. 

As listas entrarán en vigor con efectos do 15 de abril de 2013 e resultarán de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio). 

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130404/AnuncioG0003-260313-0002_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 70 04 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal